luns, 13 de outubro de 2014

Práctica 5: Qué uso lle das ao ordenador?

Boas! Nesta nova entrada falareivos do uso que lle dou ao ordenador:

Na actualidade un dos aparatos electrónicos máis utilizados tanto no ámbito laboral como no día a día é o ordenador xa que serve para almacenar información, comprar por internet, falar con xente (do teu país ou de calquera parte do mundo que tamén teña ordenador), entretemento, etc.

A primeira vez que usei este aparato foi cando tiña 7 anos nunhas clases de informática no colexio. Ó primeiro que nos enseñaron foi a encendelo e a apagalo, obviamente. A maioría dos que ívamos a esas clases só utilizábamos o dedo índice da man dereita para escribir así que o seguinte que aprendemos sobre a utilización do ordenador foi mecanografía, é dicir, a escribir correctamente no teclado. Os programas que máis usábamos para realizar as actividades que o profesor nos mandaba eran Paint, Microsoft Word e Power Point. Tamén aprendemos a navegar pola rede  e xogábamos a xogos que tiñamos dentro dun CD.



Actualmente sempre adoito estar co móvil navegando polas redes sociales e por isto xa non uso tanto o ordenador coma antes. Fai uns anos utilizábao maioritariamente para chatear cos meus amigos a través de redes sociais como tuenti ou messenger. Ahora entro de vez en cando en facebook desde o PC porque teño descargadas no móvil as aplicacións das miñas redes sociais favoritas. Tamén vexo os programas e películas que máis me gustan online e escoito música en spotify.
Youtube é un sitio web onde os usuarios poden subir e compartir vídeos. Utilizo moito esta páxina para ver videoclips, tutoriais, vídeos de youtubers que me gustan ou vídeos graciosos.
Cando non teño tempo para ir de compras ou simplemente quero ver a roupa que hai dispoñible en cada tenda entro nas páxinas web destas e dende ahí podo comprar todo o que queira.

Pero o uso máis importante que ten o ordenador, para min, é que cando teño algunha duda cos deberes busco información na rede e resúltame moito máis cómodo realizar os traballos do instituto que á man e moito mellor presentados.

Manexo sen dificultade o ordenador pero gustaríame aprender a editar tanto vídeos como fotos.

Baixo o meu punto de vista, penso que é bastante importante saber utilizar medianamente ben  este aparello xa que vivimos nunha sociedade na que cada día se presentan novidades científicas e tanto hoxe en día como no futuro a maioría dos traballos requerirán o uso deste.

1 comentario:

  1. Just love your article.I do invariably look over your web site for brand new articles.I am recently performing on associate app how to get spotify premium free apk november
    thats going awing and special because of you

    ResponderEliminar